Wednesday 01 de May de 2024

A Xunta formará en Betanzos sobre as posibilidades de venta de ovos de graxas avícolas artesanais


― O curso está previsto no Liceo para o vindeiro venres, 19 de novembro, en horario de mañá

― O obxectivo do curso é ofrecer formación sobre as posibilidades comerciais que abren normativas como a regulación das explotacións avícolas comerciais e a venta directa dos produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto desenvolver o vindeiro venres, 19 de novembro, no Liceo de Betanzos un curso sobre as posibilidades de venta de ovos procedentes de explotacións avícolas artesanais. Será en horario de mañá, de 10,00 a 14,00 horas.

Impartido por o Servizo de Industrias e Calidade Alimentaria, este curso ten como obxectivo ofrecer formación sobre as posibilidades comerciais que abren normativas como a regulación das explotacións avícolas comerciais e a venta directa dos produtos primarios dende as explotacións á persoa consumidora final.

Para iso, durante esta formación analizaranse as condicións a cumprir polas explotacións, tendo en conta os programas sanitarios, os requisitos, as limitacións e as posibilidades de comercialización deste tipo de produtos en circuítos curtos. Tamén se abordarán aspectos tales como o marcado de ovos, o envasado e o etiquetado dos estoxos, o almacenamento e a distribución do produto.
A iniciativa está dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2021, pretende contribuír á consecución do aumento da competitividade do sector agrícola e forestal tanto a nivel técnico como económico mediante a oferta de cursos coma este. A data límite de inscrición remata o vindeiro 16 de novembro.

Cómpre lembrar que a Consellería do Medio Rural conta cun plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2021 que poden consultarse no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas. Precisamente nesta páxina poden atoparse os referidos cursos e descargar as solicitudes de asistencia correspondentes, que deben remitirse cubertas ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 881 997 279.